O L'Escala rompe a serie de oito partidos sen perder do TM Monte Porreiro (4-1)

Pontevedra
23 de abril 2023

O Robin Prisco L'Escala rompeu este domingo coa xeira de oito partidos sen perder do Tenis de Mesa Monte Porreiro, xa clasificado para disputar a competición europea a falta dun partido para a conclusión da tempada    

Partido de Superdivisión Masculina entre el Tenis de Mesa Monte Porreiro y el L'Escala
Partido de Superdivisión Masculina entre el Tenis de Mesa Monte Porreiro y el L'Escala / Cristina Saiz

O Robin Prisco L'Escala rompeu este domingo coa xeira de oito partidos sen perder do Tenis de Mesa Monte Porreiro, xa clasificado para disputar a competición europea a falta dun partido para a conclusión da tempada.

Venceu Konstantin Chernov por 3-0 a Bentancor, e Chih-Wei Yeh superou 3-1 a Miguel Ángel Vílchez para facer o 2-0 no marcador global.

Nico Galvano recortou distancias tras gañar con dificultade a Iker González (2-3) e manter con vida ao Monte Porreiro, pero Bentancor nada puido facer para gañar a Chih-Wei Yeh no enfrontamento polo empate (3-1).

Chegou de novo a quenda de Nico Galvano e Konstantin Chernov, pero o xogador pontevedrés tívose que retirar e o partido decidiuse por un 3-0 co que L'Escala asinou o 4-1 final.

O Tenis de Mesa Monte Porreiro finalizará a tempada a próxima fin de semana visitando ao Hortitec Alzira TT de Valencia.

Consulta a acta nesta ligazón