O Tenis de Mesa Monte Porreiro deixa o seu selo no Torneo Internacional Cidade de Porto

Pontevedra
31 de maio 2023

O club pontevedrés foi o equipo estranxeiro con maior participación no torneo luso, ademais de competir a pasada fin de semana no Campionato Galego Alevín

O Tenis de Mesa Monte Porreiro, no Torneo Internacional Cidade de Porto
O Tenis de Mesa Monte Porreiro, no Torneo Internacional Cidade de Porto

Concluídas as ligas, a actividade non cesa para o Tenis de Mesa Monte Porreiro.

O club pontevedrés foi a pasada fin de semana o equipo estranxeiro cunha maior participación no 46 Torneo Internacional Cidade de Porto, en Portugal.

Ata 21 dos seus xogadores participaron na competición con notables resultados.

Matías Bentancor logrou o triunfo na categoría sub-13, mentres que Laura Forte foi prata en idade sub-19 e Mariña García foi bronce na mesma categoría. Ademais por equipo o Monte Porreiro finalizou segundo nas idades sub-13 e sub-15.

Doutra banda o club pontevedrés participou a fin de semana no Campionato Galego Alevín con Matías Bentancor adxudicándose o título autonómico individual e en dobres co seu compañeiro Xabi Fernández, ademais de ser terceiro en dobres mixtos con Alba Álvarez.