O Leis despídese da cuarta praza ao empatar ante o Albense (3-3)

Pontevedra
09 de maio 2016

Pola súa banda o ADFS Bueu perdeu en Benavente no seu último desprazamento da tempada. Só resta unha xornada para que termine a competición na Segunda B do fútbol sala nacional

Partido entre Leis e ADFS Bueu no Municipal
Partido entre Leis e ADFS Bueu no Municipal

Partido de poder a poder o disputado por Leis Pontevedra e Albense no Pavillón Municipal dos Deportes na penúltima xornada de liga na Segunda B de fútbol sala.

O empate final (3-3) deixa sen opcións aos pontevedreses de pelexar pola cuarta praza.

O partido empezou cos visitantes envorcados na presión e afogando o xogo do Leis, ata que Manu Cossío apostou aos 8 minutos por xogar de cinco. A aposta deu os seus froitos e aos 30 segundos Dani facía o 1-0.

Os pontevedreses puideron ampliar a súa vantaxe, e ante o dominio local o Albense sacou tamén porteiro-xogador, táctica que ambos os equipos alternarían ata o final do primeiro tempo, ao que se chegaría con empate a un gol.

Miguel adiantaría de novo ao Leis ao comezo do segundo acto pero os visitantes reaccionaron e deron a volta ao electrónico. Os de Manu Cossío sufrían ata que o seu rival púxose con cinco falta, sacando de novo porteiro-xogador e atopando recompensa no minuto 39 co 3-3, obra de Raúl.

DERROTA DO ADFS BUEU EN BENAVENTE

O ADFS Bueu perdeu ante o Benavente (8-4) no seu último partido a domicilio da tempada, nun choque no que mostrou todas as súas virtudes e defectos.

Os do Morrazo adiantáronse e tiveron momentos de bo xogo na primeira metade, pero a súa debilidade defensiva e a baixada do rendemento físico na segunda metade acabaron sendo aspectos decisivos.

O Bueu segue pechacancelas da competición con 17 puntos, mentres o Leis Pontevedra é sexto con 45.