O Leis feminino non pode co Simancas no Municipal (1-3)

Pontevedra
17 de novembro 2014

As pontevedresas caen ante o segundo clasificado e quedan na undécima praza con tres puntos. O ex-adestrador Jacobo Estors, presente na bancada xunto ás futbolistas que deixaron o equipo

Partido entre Leis feminino e Simancas no Municipal
Partido entre Leis feminino e Simancas no Municipal / Diego Torrado

Intentando deixar a un lado a saída de Jacobo Estors e de varias xogadoras e a denuncia presentada contra o presidente da entidade, o Leis feminino saltou á pista do Municipal coa intención de plantar cara ao actual segundo clasificado de Segunda División, o ADAE Simancas.

Ante a mirada de Estors, presente na bancada, as pontevedresas protagonizaron ante o Simancas un inicio prometedor, pero remataron cedendo (1-3) ante a calidade das visitantes.

Malia a boa saída do Leis, o Simancas adiantouse no minuto 8 por medio de Marta, renda que ampliaría Flavia cun gol pouco antes do descanso que fixo moito dano ás lerezanas.

Non se renderon as xogadoras adestradas por David Muñoz, nin sequera tras o 0-3, obra de Miriam aos 27 minutos, logrando recortar distancias no 36 por medio de Anita.

A derrota deixa o Leis na undécima praza con tres puntos.

LEIS PONTEVEDRA (1): Tamara, Anita (1), Bibi, Loló, Mar -cinco inicial- Helena, Marta, Sofía Abal, Sofía Blanco.

ADAE SIMANCAS (3): Astrid, María Paz, Flavia (1), Sonia, María Moreno -cinco inicial- Lourdes, Marta (1), Silvia, Miriam (1), Noelia.