O Leis leva un entretido derbi ante un necesitado ADFS Bueu (4-2)

Pontevedra
25 de xaneiro 2016

Os pontevedreses decantaron o partido ao seu favor no últimos dez minutos de xogo

Partido entre Leis e ADFS Bueu no Municipal
Partido entre Leis e ADFS Bueu no Municipal

O derbi co que daba comezo a segunda volta de competición na Segunda División B de fútbol sala quedou na casa, ao decantar o Leis o partido ao seu favor nos últimos minutos (4-2).

Ao ADFS Bueu, que protagonizou bos minutos en pista, fíxoselle longo o encontro e escapáronselle uns puntos que necesita con urxencia.

O choque empezou co Leis dominando e os do Morrazo presionando. Disfrutaronde algunha ocasión os pontevedreses ata que Pablo Durán fixo xustiza co 1-0 aos 15 minutos.

Así se chegaría ao descanso. No segundo acto, unha temperá expulsión de Juan por tocar o balón coa man fóra da área meteu no choque aos visitantes. Deron un paso adiante na busca do empate, que non chegou nos minutos de superioridade en pista pero si no 27, por medio de Roma.

Con todo o Leis repúxose para, só tres minutos despois, tomar de novo vantaxe cun gol de Raúl, tras un roubo no medio campo.

Faltaban 10 minutos e o gol foi un mazazo para o Bueu, que viu como o Leis sentenciaba pouco despois con tantos de Gustavo e Dani, antes de Víctor Méndez recortase distancias no último minuto.

Este resultado coloca aos pontevedreses na quinta praza con 27 puntos, mentres o ADFS Bueu segue pechacancelas con 12.

DERROTA DO LEIS-MARCÓN

Na Segunda División Feminina o Leis Marcón non foi capaz de manter o seu bo nivel das últimas xornadas e perdeu na casa ante o ADAE Simancas (1-3).

Mar igualou para as pontevedresas o tabto inicial das visitantes, pero o Simancas mostrou máis acerto para irse ao descanso 1-3. No segundo acto, a pesar dos intentos de reacción, o marcador non se moveu.