O Poio Pescamar continúa co seu particular maleficio en Murcia, onde conta por derrotas as súas últimas visitas. Este domingo volveu a caer nun partido tolo con múltiples alternativas para ambos os conxuntos, pero que se decantou finalmente ao lado local.
As vermellas conseguiron dominar os primeiros compases de partido con ocasións de Jane e de Ana Rivera, que non atoparon o camiño ao gol. Con todo, foron as locais as que golpearon primeiro aos dez minutos de xogo por medio de Consuelo que aproveitou un balón repelido por Caridade a disparo dela mesma.
Un minuto máis tarde Jane logó restablecer o empate á saída dunha falta de potente disparo.
Co choque equilibrado, o conxunto conserveiro volvía ser quen tiña máis ocasións de gol, pero fóronse ao descanso coas táboas no luminoso. Na continuación, as murcianas saíron máis enchufadas ao partido, pero foi o Poio quen se adiantou no minuto 30 por mediación de Jane culminando unha contra tras roubo de balón en metade de cancha. E nun novo roubo de balón, Ángela Górriz no seu intento de despexar o remate de Jane anotaba en propia meta o 1 a 3.
Con todo a favor, o Poio viu como se lle escapaba a vantaxe en dúas xogadas consecutivas coa firma de Alba Gandía. E a tres minutos do final, Laura Fernández transformaba un dez metros para adiantar de novo ao conxunto local. Seguiu apertando o Roldán, que ampliou a súa vantaxe por medio de Martita.
Cando xa parecía que tiñan as murcianas a vitoria no peto, Ana Rivera recortou distancias, pero foi un espellismo porque o Roldán ía sentenciar con outro lanzamento de 10 metros de Laura Fernández.
Roldán: Cristina; Noelia, Alba Gandía, Alba y Mariángeles Villas (quinteto inicial). Tamén xogaron, Marta Pelegrín, Patricia, Mariángeles Vicente, Ángela Górriz, Laura Fernández y Carmen María.
Poio Pescamar: Caridad; Jane, Ana Rivera, Luci y Dani Sousa (cinco inicial). Tamén xogaron, Luisa Mayara, Julia Dupuy, Martita, Agostina Chiesa e Irene García.
Goles: 1-0, min. 10 Consuelo, 1-1, min. 11 Jane, 1-2, min. 30 Jane, 1-3, min. 31 Ángela Górriz (propia puerta), 2-3, min. 32 Alba Gandía, 3-3, min. 33 Alba Gandía, 4-3, min. 37 Laura Fernández (diez metros), 5-3, min. 38 Martita (propia puerta), 5-4, min. 38 Ana Rivera, 6-4, min. 40 Laura Fernández
Árbitros: Martínez Flores e Navarro Liza. Recibiron cartolina amarela Dani Sousa e Luisa Mayara no Poio Pescamar e Ángela Górriz e Joaquín Peñaranda no STV Roldán.