A celebración pola permanencia en Primeira División do Marín Futsal terminou en polémica e cunha desculpa pública da entidade marinense cara ao equipo que terminou perdendo a categoría, o Viaxes Amarelle coruñés.
Durante os festexos na propia pista do pavillón da Raña vivíronse momentos desagradables cun cántico que enviaba ao Amarelle "a tomar por el cu...", como se pode comprobar nun vídeo compartido por Diario de Pontevedra.
Na súa desculpa, o Marín Futsal asegura que eses "cánticos ofensivos" foron proferidos por "un grupo de afeccionados unha vez lograda a permanencia".
Afirma a entidade na súa defensa a través dun comunicado que "foron inmediatamente respondidos polos membros da directiva do club que se achaban presentes". En todo caso, sinala, "non son de ningún modo aceptables e non representan o comportamento que queremos ver no noso afeccionados", asegurando que dentro dos órganos internos de disciplina o Marín Futsal abrirá un expediente para esclarecer os feitos.
— Marín Futsal (@marin_futsal) May 27, 2024
Más contundente nas súas desculpas mostrouse a través das súas redes sociais a capitá do equipo marinense, Café, afirmando que os polémicos cánticos "como deportista y persona no los comparto y están fuera de todo lugar", polos que pide "disculpas al club, jugadoras y aficionados del Amarelle FSF".
Quiero disculparme por algunos cánticos que se realizaron ayer al finalizar nuestro partido , como deportista y persona no los comparto y están fuera de todo lugar, pedir disculpas al club , jugadoras y aficionados del @amarellefsf
— jessy (@Moren7Jessy) May 26, 2024