"Unha historia de Primeira". É o título que o Marín Futsal puxo á campaña de abonados da tempada máis importante da súa breve e meteórica historia. O cadro marinense, resultado da fusión dos clubs Ancora D' ouro F. S, O Fisgón Futsal e E.D.Marín, competirá este ano por primeira vez na máxima categoría do fútbol sala nacional.
E para asentarse nunha categoría tan esixente, as de Raúl Jiménez necesitarán o apoio de toda a sociedade marinense. A afección poderá elixir entre tres posibilidades de abono: o individual, valorado en 25 euros; o familiar, catro carnés por 50 euros; ou o empresarial, dous carnés por 100 euros e o orgullo de ser parte colaboradora do que xa é o principal equipo deportivo da vila.
Os interesados poderán retirar os seus carnés para partir do 11 de agosto. As instrucións publicaranse a partir desa data nos perfís oficiais do club nas súas redes sociais. "Necesitaremos o apoio de todos vosotr@ s", lembran desde a entidade.