Marín Futsal e Poio Pescamar teñen este sábado un novo reto ligueiro. As primeiras visitan ás 19:30 horas ao equipo máis goleador da categoría, un Alcorcón que gañou cinco encontros e só perdeu o da pasada fin de semana ante o equipo vermello, e estas últimas reciben na Seca ás 20:00 ao Ourense Envialia, oitavo con só un punto máis que elas.
O conxunto marinense vivirá un dos partidos máis complicados da tempada pero ao que chegan "coa moral polas nubes polo xogo exhibido" ante o Alcantarilla a pasada xornada.
Viaxarán a Madrid a gardameta Patri Arruti, que se enfronta ao que foi o seu equipo durante seis campañas, e Ana Pinto, como porteiras, e Café, Adri, Inés Mayan, Maria Estevez, Carol Pedreria, Carolina Bravo, Carol Pedreira Lucía Serrano, Ana Cunha, Lysa Gomes e Mayara de Almeida.
O cadro conserveiro, pola súa banda, buscará sumar tres puntos cos que, de conseguilos, adiantaría ao equipo ourensán e seguiría escalando posicións.
Para este encontro, López-Tulla contará con todo o persoal salvo as xa coñecidas baixas de Marta e Anna.