O Marín Futsal non puido facer nada na súa visita ao Alcorcón caendo por catro goles a un que puideron ser máis de non ser pola falta de puntería para portería e de Patri Arruti, que salvou ás súas de recibir unha maior goleada.
Adiantouse moi pronto o equipo oleiro cun tanto de Vane Satelo tras unha forte presión ao intento de avance das marinenses. Recuperou Aida de Miguel en á esquerda, cedeu a Peque e esta regalou o esférico para que a ourensá só tivese que meter o pé.
Arriscaba moito o equipo de Ramiro Díaz, que vía como o Alcorcón estaba a ser moi superior a pesar de perdoar unha e outra vez. Non fallou Aida de Miguel e, case sobre a bucina tras un novo roubo en campo rival, Carmen Alonso subiu o 3-0 ao marcador co que se alcanzou o descanso.
Despois do paso polos vestiarios recortou diferenzas o Marín Futsal por medio de Carolina Bravo, pero cando as visitantes optaron polo xogo de cinco e baleiraron a súa portería, Claudia López sentenciou desde campo propio asinando o 4-1 final.
AD Alcorcón (4): Estela; Aída de Miguel, Clau López, Peque e Vane Sotelo (quinteto inicial). Tamén xogaron, Laura, Guti, Tania Benito, Alba, Moldes e Carmen Alonso.
Marín FS (1): Patri Arruti; Débora, Café, Carolina Pedreira e Ana Cunha (quinteto inicial). Tamén xogaron, María Estevez, Adri, Carolina Bravo, Lysa, Mayara, Inés Mayán e Ana Pinto (segunda porteira).
Los Cantos. Colexiados, Héctor Mayo López e Carlos Panadero Díaz-Concha. Recibiron cartolina amarela Carolina Bravo, Ana Pinto e Mayara no Marín.
Goles: 1-0, min. 3 Vane Sotelo. 2-0, min. 17 Carmen Alonso. 2-1, min. 22 Carolina Bravo. 3-1, min. 19 Aída. 4-1, min. 28 Clau López.