Sen sorpresas no derbi galego entre Burela e Marín Futsal, que terminou con goleada do conxunto laranxa cun set en branco (6-0).
As de Ramiro Díaz foron incapaces de superar ás de Vista Alegre e seguen sumidas na zona baixa da clasificación á espera de lograr un bo resultado que lles de ás de fronte ao devir da tempada.
Emilly Marcondes adiantou ás locais no minuto tres de xogo, e antes de que as marinenses puidesen reaccionar, a exrvermella Antía Pérez cun dobrete en menos dun minuto deixounas noqueadas por completo.
Sumouse á cita co gol Cilene aos 15 minutos, anotando o 4-0 co que se alcanzou o descanso.
Despois do paso polos vestiarios e con todo sentenciado, Daniela Domingos no 28 e Irene Samper no 31 fixeron o 6-0 co que concluíu o encontro.
Consulta a acta nesta ligazón