O Marín Futsal dá a sorpresa en Móstoles (1-6)

Marín
25 de novembro 2023

Por fin o Marín Futsal rompeu coa serie negativa na que levaba sumido varias xornadas. O equipo marinense deu a sorpresa ante o Móstoles (terceiro clasificado) cunha espectacular goleada que lle fai sumar tres importantísimos puntos    

O Marín Futsal festexa a victoria ante o Móstoles
O Marín Futsal festexa a victoria ante o Móstoles / Marín Futsal

Por fin o Marín Futsal rompeu coa serie negativa na que levaba sumido varias xornadas. O equipo marinense deu a sorpresa ante o Móstoles (terceiro clasificado) cunha espectacular goleada que lle fai sumar tres importantísimos puntos.

Adiantou Débora ás de Ramiro Díaz tras un bo contragolpe iniciado por Bravo, que cedeu á esquerda á brasileira para que a portería baleira subise o 0-1 ao marcador.

Co 0-1 chegouse ao descanso e na segunda parte chegou o recital goleador. Sacou de porta o Marín, que combinou en campo propio, Pedreira enviou en longo a Débora, pero a local Celia despexou cara atrás sen darse conta de que ao seu lado estaba a xogadora marinense, que de primeiras puxo máis terra polo medio.

Recortou diferenzas o Móstoles por medio de Benette tras unha boa xogada individual coa que se meteu de cheo no partido, pero o as visitantes non estaban dispostas a tirar os tres puntos pola borda e seguiron pelexando.

E de xogada ensaiada Ana Cunha marcou o terceiro gol, recollendo un balón que quedou rexeitado na área despois de dar na madeira.

Optou polo xogo de cinco o cadro local e non tardou en chegar o cuarto gol, pero visitante. Ana Cunha foise pr a dereita, enviou longo á esquerda a Débora e esta só tivo que empuxala para facer o 1-4.

Non deu tregua o equipo marinense e seguiu penalizando a portería baleira do Móstoles. E Pedreira, desde campo propio, enchufó o 1-5 que deixaba practicamente sentenciado o partido a falta de sete minutos para a conclusión.

Pediu tempo morto Patri Chamorro en busca dunha reacción, pero Ana Cunha intercepó o pase da rival e anotou o 1-6 co que finalizou o encontro.

Consulta a acta nesta ligazón