Último enfrontamento do ano e nova derrota para o Marín Futsal, que despide o 2023 na zona vermella da clasificación tras caer goleado ante o Ourense Envialia por 5-0.
Arrincou o derbi cunha dobre ocasión de Débora Lavrador, que apunto estivo de adiantar ao Marín Futsal. Amenzaó a portería de Uxía primeiro cunha volea ao primeiro toque, e a segunda cun disparo en boca de gol que desbaratou a gardameta local.
Tras iso, o partido converteuse nun correcalles con posesións alternas pero sen ocasións claras, ata que no minuto 7, en xogada ensaiada desde saque de banda, o Ourense Envialia adiantouse. Combinación entre Jenny Lores, deixou a Marta Rodríguez e esta cedeu a Sara Moreno, que aguantou de costas a portería para devolverlle a Marta de fronte e facer o 1-0.
Puido o Marín Futsal devolver a igualdade minutos despois, pero o disparo de Débora Lavrador estrelouse no pau.
Non lograban as de Ramiro Díaz facer dano ao seu rival e atopáronse cunha laxa máis grande cando chegou o segundo tanto do Ourense Envialia. Jenny Lores fíxose co balón en campo propio e iniciou un contragolpe ela soa, autopase e tiro que deu na defensa, o rebote foi capturado por Sara Moreno e o 2-0 subiu ao marcador.
A falta dun minuto para o descanso puido o cadro marinense recortar diferenzas, pero en cambio foi o o cadro local, por medio de Chiky, o que anotou o 3-0 co que se alcanzou o intermedio.
Despois do paso polos vestiarios non houbo reacción por parte do Marín Futsal, que tentaba con longas combinacións pero pouco tardaba en perder o esférico. E nun intento de inicio de xogada por parte das visitantes, o Ourense roubou en zona de perigo e volveu Chiky castigar co 4-0.
Aínda faltaban 5 minutos por xogarse, pero as de Ramiro Díaz continuaron negadas para gol durante todo o devir do encontro, mentres as locais, pola contra, transformaban a 'manita' por medio de Jenny Lores e sentenciaban así o derbi.
Consulta a acta nesta ligazón