O Marín Futsal refórzase coa internacional brasileira Gi Portes

Marín
04 de xaneiro 2024

A xogadora, de 31 anos, incorpórase ao primeiro equipo marinense procedente do Female Futsal do seu país co obxectivo de pelexar pola permanencia na máxima categoría

Gi Portes, nova xogadora do Marín Futsal
Gi Portes, nova xogadora do Marín Futsal / Marín Futsal

Fichaxe de inverno no Marín Futsal co obxectivo de reforzar o persoal en busca da permanencia en Primeira División.

O conxunto marinense confirmou este xoves a contratación de Giselli Portes, coñecida deportivamente como Gi Portes.

Trátase dunha futbolista brasileira, de 31 anos e internacional absoluta que procede do Female Futsal do seu país.

É unha "xogadora con moita experiencia e que conta cun gran palmarés", sinalan desde o club da Raña.

Gi Fortes podería debutar co seu novo equipo o próximo 13 de xaneiro no primeiro partido de liga do ano, que medirá ao Marín Futsal co STV Roldán.