Pablo Fernández xa se atopa en Korea do Sur para participar na que será a súa primeira experiencia nun Mundial de Taekwondo.
O deportista do Mat's de Marín competirá o día 28 de xuño no Campionato do Mundo que se celebra do 24 ao 30 na localidade de Muju.
"Chego a este Mundial no mellor momento de forma da miña vida", recoñeceu optimista o marinense, para quen o obxectivo será "estar o máis arriba posible e se conseguimos unha medallita... estaría moi ben".
No seu peso (+87 quilos) competirán 50 taekwondistas dos 1.000 deportistas inscritos na competición de 183 países.