O Medio Maratón de Pontevedra supera o milleiro de inscritos e camiña cara a un novo éxito de participación

Pontevedra
12 de outubro 2017

A proba deportiva, que poñerá fin ao V Circuíto de Carreiras Populares de Pontevedra, celebrarase o vindeiro domingo 22 de outubro. A organización confía en alcalzar a cifra de 1.500 deportistas antes de que o próximo martes 17 peche o período de inscrición

XXI Medio Maratón de Pontevedra
XXI Medio Maratón de Pontevedra /

A XXII edición do Medio Maratón de Pontevedra vai camiño de converterse nun novo éxito de participación.

A proba, que se celebrará o vindeiro domingo 22 de outubro poñendo fin ao V Circuíto de Carreiras Populares de Pontevedra, superou o milleiro de inscritos a menos dunha semana para que finalice o período de inscrición.

Estas cifras aceiran o obxectivo posto pola organización, que aspira a chegar aos 1.500 atletas.

Todos eles afrontarán un percorrido que se mantén con respecto á pasada edición, con saída na ponte dos Tirantes e dúas voltas ao circuíto homologado para concluír na pista de atletismo do Centro Galego de Tecnificación Deportiva.

Como xa é tradición, a Sociedad Gimnástica convocu unha quedada de recoñecemento a este circuíto, que terá lugar o vindeiro luns 16 de outubro ás 20:00 horas, sendo o punto de encontro a entrada do CGTD.

Un día despois, o martes 17 de outubro, finalizará o prazo para anotarse no XXII Medio Maratón de Pontevedra a través da web www.championchipnorte.com.