O Memorial Ramón Escudeiro Tilve consolídase como referencia no xadrez galego

Pontevedra
27 de decembro 2016

Os mellores xadrecistas galegos, ademais doutros chegados desde diferentes puntos da xeografía nacional e internacional, participan desde este martes no torneo organizado pola Escola Xadrez Pontevedra

V Memorial Ramón Escudeiro Tilve de xadrez
V Memorial Ramón Escudeiro Tilve de xadrez / Mónica Patxot

Os mellores xadrecistas galegos, ademais doutros chegados desde diferentes puntos da xeografía nacional e internacional, participan desde este martes no V Memorial Ramón Escudeiro Tilve de xadrez.

A cita, organizada pola Escola Xadrez Pontevedra e que se disputa no Hotel Galicia Palace, vivirá este mércores 28 de decembro o seu segundo e última xornada de competición.

Xadrecistas desde a categoría sub-8 ata a absoluta compiten por levar o torneo, dotado con 3.500 euros de premios en metálico.

O Memorial Ramón Escudeiro Tilve, consolidado xa no calendario galego, reduciu este ano o torneo a dous días de competición, pero a intención é recuperar o tradicional formato de cinco días na súa próxima edición.