O Memorial Valenciaga, proba marcada en vermello no calendario do Froiz

Pontevedra
04 de abril 2019

O equipo pontevedrés afrontará este domingo una das citas con máis soleira do calendario elite e sub-23 na busca dun resultado que lle faga esquecer os problemas sufridos ata a data na Copa de España Elite e Sub-23

Concentración de pretempada do Froiz 2019 PontevedraViva

O Grupo Deportivo Supermercados Froiz estará presente o vindeiro domingo, 7 de abril, nunha das probas de maior prestixio do calendario nacional de ciclismo elite e sub-23, o Memorial Valenciaga.

Trátase da sétima proba puntuable da Copa de España, e unha data marcada en vermello para tentar lograr un bo resultado que fagan esquecer os problemas sufridos ao longo da competición, na que non chegaron os resultados esperados pola escuadra.

O palmarés do Valenciaga conta con nomes ilustres do ciclismo profesional como Mikel Neve, Purito Rodríguez, Óscar Freire ou Chechu Rubiera, entre outros, un aliciente extra para o plantel de corredores do conxunto pontevedrés.

A carreira partirá ás 9:00 horas do domingo desde a localidade vasca de Eibar con case 170 quilómetros de percorrido nos que o pelotón terá que encarar, ademais dunha infinidade de zonas crebadas, seis ascensións puntuables: Itziar (3ª categoría), Meagas (3ª categoría), Azkarate (2ª categoría), Elgeta (2ª categoría), Ixua (1ª categoría) e San Miguel (3ª categoría).

Representarán o Froiz na carreira vasca: Diego González, Diego Noriega, Aitor  Bugarín, Aarón Mariño, Marcos Navarrete, Abel Franco e Adrián Barros.