Unha delegación técnica da Real Federación Española de Tenis (RFET) visitaron este xoves as instalacións do Casino Mercantil en Mourente onde se celebrará o próximo mes de xullo o Campionato de España de categoría alevín.
Javier Soler, extenista profesional e agora director Deportivo da RFET, e Jose María Pizá, técnico organizador os campionatos nacionais e Copa Davis, pasaron revista ás instalacións e comezaron os traballos de organización do evento.
Pola parte pontevedresa compoñen a comisión de traballo Manuel Álvarez (xuíz árbitro), Margarita Outón e Benjamín Valladares (directivos do Mercantil), Chisco Pardo (xerente da FGT), Miguel Lapido (director do torneo), Ernesto Filgueira (presidente do Mercantil) e Anxos Riveiro (concelleira de Deportes).
Ademais de visitar as instalacións do club, a delegación da RFET percorreu tamén o centro da cidade.
O Campionato de España de Tenis Alevín reunirá en Pontevedra a 128 nenos e 30 adestradores nunha competición que se disputará entre o 2 e o 8 de xullo.
Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde
Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.