O Tenis de Mesa Monte Porreiro está imparable e xa son seis as vitorias consecutivas que conseguiu. O seu último verdugo foi o San Sebastián de los Reyes, ao que superou cun contundente 4-0 que lle permite asentarse na cuarta praza da Superdivisión Masculina.
Bentancor superou por 3-0 a Rikuto Maede, mesmo resultado que conseguiu despois Vílchez contra Yohan Moura para facer un 2-0 no global que subía o ánimo aos de Nando Fernández.
Complicáronse as cousas no enfrontamento entre Galvano e Rafa de las Heras, que non llo puxo nada fácil ao xogador do Monte Porreiro e obrigouno a chegar até o quinto xogo tras un axustado partido (3-2).
Co 0-3 no marcador a vitoria estaba no peto e chegou a quenda de novo de Vilchez, que esta vez se mediu a Rikuto Maede nun envite que se decidiu no último xogo e por pequenos detalles (3-2) e que deu a vitoria ao Tenis de Mesa Monte Porreiro por un contundente 4-0.
Consulta as estatísticas do partido neste enlace