O Nacional de Augas Abertas, un reto para o Club Natación Galaico

Pontevedra
16 de xuño 2017

O equipo pontevedrés acode á localidade catalá de Banyoles cun nutrido equipo no que destaca Paula Goyanes, que tentará pelexar polo título na categoría junior e de paso lograr a clasificación para o Campionato de Europa

Paula Goyanes, na última xornada do Campionato de España Open de Primavera de Natación
Paula Goyanes, na última xornada do Campionato de España Open de Primavera de Natación / Mónica Patxot

Preséntase intensa a fin de semana para o Club Natación Galaico, con varias frontes abertas para os seus deportistas.

O principal deles será o Campionato de España de Augas Abertas que se disputa na localidade catalá de Banyoles. Alí o Galaico presentará un nutrido equipo no que destaca a presenza de Paula Goyanes, que parte con opcións de loitar polo triunfo na categoría junior 2 e de paso busca a clasificación para o próximo Campionato de Europa.

Ademais de Goyanes acoden á cita Cristian Fernández (Absoluto), Ramón Fernández (Infantil), Alejandro Torres (Junior-1), Pablo García (Infantil), Carla Goyanes (Junior-1) e Natalia Castro (Infantil).

Outra das frontes abertas esta fin de semana será o Open Comunidad de Madrid no que estará presente Bea Gómez Cortés, que nadará as probas de 100 braza e os 50 libre.

Ademais o Galaico estará presente este sábado no Trofeo Pedro Escudeiro, en Ourense, cun equipo de 22 nadadores, e tamén tomará parte na Copa Galega Benxamín na piscina Javier Gómez Noya de Ferrol.