Paula Goyanes sobe ao podio no Campionato de España de Natación en Augas Abertas

Pontevedra
19 de xuño 2017

Boas actuación do equipo do Club Natación Galaico en Banyoles, culminada coa medalla de bronce de Goyanes na categoría junior, que lle supuxo o cuarto posto na clasificación absoluta

Nadadores do Galaico no Campionato de España de Augas Abertas
Nadadores do Galaico no Campionato de España de Augas Abertas

Bo papel do Club Natación Galaico no Campionato de España de Augas Abertas celebrado durante a fin de semana no Lago de Banyoles (Xirona).

Sete foron os deportistas pontevedreses desprazados ata Cataluña, sendo o resultado de Paula Goyanes o broche á competición de todos os seus compañeiros ao levar a medalla de bronce na categoría Junior-2, nunha proba de 10 quilómetros que lle supuxo ademais ser cuarta na clasificación absoluta.

Pola súa banda na súa primeira participación na especialidade Carla Goyanes foi sexta nos 7,5 quilómetros dos proba Junior-1, categoría na que Alejandro Torres concluíu no posto 22.

Foi notable tamén o papel de Cristian Fernández, undécimo nos 10 quilómetros de categoría absoluta e décimo nos 5 quilómetros, estando ata o final na disputa polos postos de honra.

Completaron o equipo Ramón Fernández, Pablo García e Natalia Castro nos 5 quilómetros infantil, acabando respectivamente nos postos 10, 11 e 17.

BEA GÓMEZ, NO OPEN COMUNIDAD DE MADRID

Noutro escenario, o Open Comunidad de Madrid, competiu Bea Gómez Cortés conseguindo a medalla de prata na 100 braza e o ouro no 50 libre.