O Nacional Junior e Escolar de Loitas Olímpicas reúne en Pontevedra a 400 deportistas

Pontevedra
30 de marzo 2016

O Pavillón Municipal dos Deportes de Pontevedra acollerá o vindeiro sábado 2 de abril a competición nunha xornada intensiva. O campionato é puntuable para os próximos Europeo e Mundial de categoría junior

Pablo Pintos, Lydia Pérez e Anxos Riveiro presentan o Nacional Junior de Loita
Pablo Pintos, Lydia Pérez e Anxos Riveiro presentan o Nacional Junior de Loita / PontevedraViva

O Pavillón Municipal dos Deportes de Pontevedra será escenario o vindeiro sábado, 2 de abril, do Campionato de España Junior e Escolar de Loitas Olímpicas.

Na pista do pavillón instalaranse catro tapices para un torneo que contará con 400 deportistas e será puntuable para o próximos Europeo e Mundial de categoría junior.

Será a primeira vez que Galicia acolla unha campionato nacional de loita desde o ano 2007, e farao cunha xornada intensiva que arrincará ás 9:30 horas e finalizará ao redor das 20:30 horas.

En horario matinal disputarase a loita grecorromana e a feminina, mentres o horario de tarde queda reservada para a loita libre olímpica.

O Club de Loita Pontevedra contará con dúas deportistas na cita, ambas as con clara opción de medalla, como son Lydia Pérez Touriño e Carmen Salgado.

A entrada ao Pavillón Municipal dos Deportes será de balde para o público.