O Club Natación Galaico Pontevedra confírmase como unha das grandes referencias nacionais na natación en augas abertas.
O club pontevedrés proclamouse a pasada fin de semana campión da primeira Copa de España desta especialidade con 830 puntos, superando a clubs históricos da natación española como Mataró (780 puntos) e Sabadell (450), segundo e terceiro na xeral.
No Mar da Manga, Cartagena, na última proba do calendario, o Galaico confirmou o título grazas á notable actuación de Paula Goyanes, terceira en idade junior, xunto a Cristian Fernández e Iago Lorenzo, cuarto e sexto en categoría absoluta.
A nivel individual, trala disputa das catro citas que compoñen a Copa de España, Paula Goyanes proclamouse subcampiona na súa cateoría, sendo Iago Lorenzo cuarto e Cristian Fernández quinto.
Este éxito colectivo chega tras conseguir o terceiro posto esta tempada no Campionato de España desta modalidade e tras ser segundo no Nacional de Longa Distancia.