O Navalcarnero, rival do Pontevedra nos oitavos de final da Copa Federación

Pontevedra
13 de decembro 2018

O partido de ida disputarase en Pasarón o 10 de xaneiro, mentres que a volta xogarase dúas semanas despois, o 24 de xaneiro, no municipal Mariano González, estadio no que xoga o equipo madrileño

Partido entre o Navalcarnero e o Pontevedra
Partido entre o Navalcarnero e o Pontevedra /

Xa hai rival para o Pontevedra nos oitavos de final da Copa Federación, título que este ano defende o conxunto granate. 

O sorteo celebrado este xoves na sede da Real Federación Española de Fútbol determinou que o club pontevedrés se enfronte o Navalcarnero, equipo madrileño co que comparte categoría no grupo I da Segunda B.

O partido de ida disputarase en Pasarón o 10 de xaneiro, mentres que a volta xogarase dúas semanas despois, o 24 de xaneiro, no municipal Mariano González, estadio no que xoga o equipo madrileño.

O Navalcarnero, actualmente, ocupa a posición de playout de descenso con 17 puntos, nove menos que o Pontevedra, situado na sexta praza da clasificación.

No partido que ambos os equipos disputaron esta tempada, o pasado 8 de setembro en Madrid, o resultado foi de empate a 1.

Dáse a circunstancia de que o partido da segunda volta, en Pasarón, disputarase o 27 de xaneiro, apenas tres días despois de que conclúa o seu enfrontamento na Copa Federación.