O Negreira sorprende un Arosa en horas baixas (2-2)

O Salnés
18 de outubro 2015

Chegaba ao campo da Lomba un Negreira recentemente ascendido e con dúas derrotas consecutivas. Enfronte un Arosa necesitado de endereitar o rumbo tras os últimos resultados negativos (tres derrotas seguidas) que o levaron desde o máis alto da táboa ata a zona tépeda e lonxe do seu obxectivo de pelexar polo ascenso

Partido entre Arosa e Negreira na Lomba
Partido entre Arosa e Negreira na Lomba / Arosa SC / Rubén Abal

Chegaba ao campo da Lomba un Negreira recentemente ascendido e con dúas derrotas consecutivas. Enfronte un Arosa necesitado de endereitar o rumbo tras os últimos resultados negativos (tres derrotas seguidas) que o levaron desde o máis alto da táboa ata a zona tépeda e lonxe do seu obxectivo de pelexar polo ascenso. Era a ocasión que necesitaban os de Piscis para facer as paces co seu público, pero non o conseguiron.

E iso que todo púxose a favor do cadro arlequinado cando Hugo Soto adiantaba aos seus na primeira metade (minuto 41). Pouco despois sería expulsado o técnico visitante, José Manuel Pose, descontento coa actuación arbitral. Pero tras o descanso, lonxe de asegurar o resultado, o Arousa viuse sorprendido por un Negreira ambicioso.

Dous goles de Iván García en apenas seis minutos (minutos 65 e 71) deron a volta ao marcador, levando o nerviosismo ao equipo e á bancada.

Con todo, os arosistas conseguirían empatar pronto por medio de Sylla (minuto 76), pero os seus intentos por facerse cos tres puntos estreláronse coa ordenada defensa do equipo coruñés.

Consulta aquí o acta do partido.