O Olivais portugués, rival do Arxil no XXI Torneo Ciudad de Pontevedra

Pontevedra
02 de xaneiro 2015

Os equipos Infantil, Cadete, filial Sénior e Abosulto do club pontevedrés reciben a visita do conxunto luso nunha intensa fin de semana de partidos amigables

Mayte Méndez, Agustín Fernández e Milagros Sanmartín
Mayte Méndez, Agustín Fernández e Milagros Sanmartín / PontevedraViva

O Olivais de Coimbra devolve a visita ao Club Baloncesto Arxil aproveitando o parón do Nadal das súas respectivas ligas.

Se en agosto foron as verdes as que se desprazaron ata Coimbra, agora o club luso visita a cidade de Lérez no XXI Torneo Ciudad de Pontevedra.

Durante a tarde do sábado 3 de xaneiro e a mañá do domingo 4 disputaranse ata seis partidos entre os equipos sénior, cadete e infantil de ambas as dúas entidades.

Segundo explicou Mayte Méndez na presentación do torneo, o Olivais é un "club punteiro" da liga portuguesa, na que finalizou no cuarto posto a pasada tempada, polo que se trata dun rival ideal para "preparar o mes de xaneiro que nos toca", en relación ao difícil calendario do equipo de Liga Feminina 2.

O torneo divídese entre a competición sénior e a de base, cun horario de partidos que se estruturou do seguinte xeito:

  • SÁBADO 3 XANEIRO
    • 16:00 horas: Arxil Infantil A - CB Olivais (Pavillón Maxisterio)
    • 18:00 horas: Arxil Mafari - CB Olivais Sub-19 (Pavillón Municipal)
    • 20:00 horas: Arxil LF2 - CB Olivais LF (Pavillón Municipal)
  • DOMINGO 4 XANEIRO
    • 10:00 horas. Arxil Infantil C - CB Olivais (CGTD)
    • 12:00 horas: Arxil Cadete B - CB Olivais (Pavillón Maxisterio)
    • 12:00 horas: Arxil LF2 - CB Olivais LF (CGTD).