Os últimos resultados do Cisne, unidos á igualdade da competición na División de Honra Prata, abriron a posibilidade ao club pontevedrés de pelexar por algo pouco imaxinable a principio de tempada, xogar o play-off de ascenso á máxima categoría.
Os de Jabato, cuxo obxectivo primordial é a permanencia, queren seguir metidos na zona nobre e soñar con metas ambiciosas, pero para iso deben sumar puntos fóra de casa.
A visita á cancha do Amenbar Zarautz (sábado, 19:30 horas), decimotercer clasificados con 9 puntos, é unha boa oportunidade para conseguir a que sería a súa segunda vitoria ligueira a domicilio que lles permita agarrarse á sexta praza que agora ocupan, e coa que se gañarían o dereito para xogar o play-off.
O partido será arbitrado polos vascos Ansoleaga Torrontegui e Izquierdo Molina.