O Palma Air Europa acaba co bo momento do Peixe Galego (80-69)

Marín
22 de xaneiro 2017

Tras unha notable primeira metade, os de Marín baixaron prestacións tras o descanso e víronse superados polo cadro local

Partido entre Peixegalego e Palma Air Europa na Raña
Partido entre Peixegalego e Palma Air Europa na Raña / Diego Torrado

Non puido o Peixe Galego conseguir a súa terceira vitoria consecutiva na LEB Ouro na súa visita á cancha do Palma Air Europa (80-69).

Os de Marín, aproveitando a súa inercia positiva das últimas xornadas, arrincaron o partido con boas sensacións e dispostos a pelexar polo triunfo.

Así, os de Javi Llorente mostraron un bo nivel de saída, nun primeiro parcial que levaron por 24-25, e mantivérono ata o descanso (39-41).

Con todo na continuación baixou o acerto ofensivo e resentíronse os de Marín, que aguantaron a igualdade cinco minutos (47-47) ata que o cadro balear aproveitou para marcar as primeiras distancias (58-53). Tentou reaccionar o Peixe, pero o empuxe local terminou por decidir o encontro nos últimos minutos sen que os de Javi Llorente puidesen remedialo.

Destacou desde o inicio o rendemento da última incorporación peixe, Jorge Romero, integrado xa na rotación do equipo e que gozou de 34 minutos de xogo, logrando 11 puntos. Con todo o peso ofensivo levárono Derksen (21 puntos) e un Javier Mugica especialmente acertado no tiro (17 puntos).

A pesar da derrota o Peixe Galego mantense fóra da zona de descenso.

Consulta aquí as estatísticas do Palma Air Europa-Peixe Galego.