Os afeccionados dos clubs deportivos de Galicia que queiran acudir a ver en directo a evolución dos seus equipos terán que presentar o 'pasaporte COVID', un certificado de ter superado o coronavirus nos últimos 6 meses ou unha proba PCR ou de antíxenos realizada nas horas previas.
Así o reflicte o Diario Oficial de Galicia (DOG) deste venres 17 de decembro no que se reflicten as novas medidas aprobadas pola Xunta de Galicia para a contención da pandemia.
Inicialmente o executivo autonómico sinalara que esta medida ía implantar para a celebración de eventos con público, especificando agora o DOG que iso tamén afecta á "celebración de competicións deportivas con público" e a "eventos deportivos non federados de ámbito organizado".
O pasaporte COVID poderase esixir en pavillóns que conten cunha asistencia superior ás 200 persoas, ou en recintos ao aire libre como estadios de fútbol cunha asistencia superior aos 500 espectadores.
Por tanto, sen ir máis lonxe, sería de obrigado cumprimento nas principais instalacións de Pontevedra como o Pavillón Municipal dos Deportes ou o Estadio Municipal de Pasarón, ou tamén no Estadio da Lomba de Vilagarcía onde este domingo 19 de decembro o Arosa afronta unha nova xornada de liga.
Esta medida tamén afecta a "cinemas, teatros, auditorios e espazos similares, así como eventos musicais e artísticos e outros eventos".