O Peixe Galego, a estrearse no seu primeiro derbi da tempada

Marín
29 de outubro 2019

O conxunto marinense recibe a golpe de mércores (21:00 horas) na Raña o Basquet Coruña na busca do seu primeiro triunfo do curso. Álex Mazaira continúa sendo baixa, pero Javi Llorente poderá contar co resto do plantel 

Adestramento do Peixe Galego
Adestramento do Peixe Galego / Mónica Patxot

Semana intensiva de baloncesto a que espera ao Marín Peixe Galego, con dobre cita na Raña na busca do seu primeiro triunfo do curso na Liga LEB Ouro.

O primeiro envite para os marinenses terá lugar este mércores (21:00 horas) co que será o seu primeiro derbi da tempada, ao recibir a un Basquet Coruña en xeira positiva.

O conxunto herculino chega á cita despois de tres triunfos consecutivos que aliviaron o seu irregular comezo de competición (3-2 de balance), mentres que o  Peixe aínda que mellorando paulatinamente a súa imaxe segue sen vencer (0-5).

"Creo que estamos trabajando bien, estamos en una buena línea y las victorias tarde o temprano llegarán", sostén o segundo adestrador do equipo, Diego Gómez, que espera que esa vitoria chegue xa este mércores.

Para iso coloca como clave "intentar mantener una solidez, sobre todo atrás" durante os catro parciais, ademais de pechar ben o rebote ante un rival "muy potente" neste apartado.

Álex Mazaira continúa sendo baixa, pero Javi Llorente si poderá contar co resto do plantel, incluíndo a Juanchi Orellano e Joel Hernández que nas últimas semanas arrastraron molestias físicas.

A entrada única para o público non abonado fixouse en 5 euros como promoción especial de Samaín.