O Peixe Galego recupera o seu lugar na Liga LEB Prata

Marín
19 de maio 2018

Dúas xornadas da fase final da Liga EBA bastaron aos de Marín para lograr o seu gran obxectivo, o ascenso de categoría, aínda que o conseguiron non sen sufrimento ao vencer na Raña o L' Alfàs nun emocionante e igualado encontro (65-63)

Ascenso do Peixe Galego á Liga LEB Prata Diego Torrado

Misión cumprida! O Peixe Galego non fallou no momento clave da tempada e, sen perder un só encontro en todo o curso, xa pode gritar que é novo equipo da liga LEB Prata.

Aos de Marín sobroulles unha xornada da fase final que gañaron o dereito para organizar na Raña, e tras vencer este sábado ao  L'Alfàs Xa Wellness lograron o ascenso, recuperando a categoría perdida o pasado verán nos despachos.

Os de Javi Llorente fixérono ao grande, pero non sen sufrir nun encontro que non se decidiu ata os segundos definitivos cun final no apto para cardiacos (65-63).

Así soubo mellor, e a explosión de xúbilo da afección 'peixe' corroborouno.

O choque comezou con tímido dominio marinense (20-17), e conscientes ambos os equipos do que había en xogo tras as súas respectivas vitorias na primeira xornada da fase.

Esa tensión notouse nun segundo parcial no que mandaron as defensas, e que non permitía diferenzas ao tempo de descanso (30-29).

Foi no tercer cuarto no que o Peixe abriu unha lixeira vantaxe (50-44) apoiándose en Jorge Romero e Hale- Edmerson en ataque, ambos os dous con 17 puntos ao final do encontro. Con todo os visitantes non arroxaron a toalla e mantivéronse ata o final a tiro de remontada. Non o conseguiron ante o apromo peixe. O ascenso non podía escapar.

Consulta as estatísticas do Peixe Galego-L'Alfàs Xa Wellness.