A pouca rotación volve condenar ao Peixe Galego na súa visita ao Guipúscoa. Os de Javi Llorente foron incapaces de manter o ritmo ante un rival que se mostrou moi superior desde os primeiros compases de xogo. Aínda que no terceiro cuarto tiveron opcións de alcanzalos no marcador, a fortuna dos vascos foi maior e venceron de maneira contundente (94-66).
O inicio de partido xa deixou ver o que ía suceder. Un parcial de 6-0 no primeiro minuto poñía ao Guipúscoa por diante, que era reducido con dous tiros libres anotados por Saunders. Os locais volvían a encestar e o xogador do Peixe volvía encestar (8-4), pero a resposta chegaba con en forma de 5 puntos.
A partir de aí o encontro continuou costa arriba para os de Javi Llorente, que vían como a fortuna non os acompañaba e as canastras de Sollazzo e Jawara ían caendo unha tras outra ata chegar ao final do primeiro acto (26-12).
Cunha renda de 14 puntos para o Guipúscoa e con moito partido por diante, o Peixe negábase a tirar os brazos e agarrábase ás canastras de Badmus (17 puntos) e de Niang (16 puntos), que lles permitiron realizar o seu mellor cuarto antes de chegar ao descanso (46-38).
Tras o paso polo vestiario o partido rompeu. O Peixe púxose a 5 puntos pero non foi capaz de aproveitarse dos erros en ataque do rival, permitíndolles de novo ampliar a vantaxe antes de alcanzar o último e definitivo cuarto (64-53).
Con eses 11 puntos de desvantaxe comezou o cuarto acto. Nese momento os de Marín deixaron de competir e lograron un total de 13 puntos fronte aos 30 que dispararon no marcador ao Guipuzkoa, que fixo o que quixo durante os últimos minutos e non deixou escapar a vitoria final. (94-66)
Consulta as estatísticas do Peixe Galego-Guipúscoa na seguinte ligazón.