Oportunidade perdida do Peixe Galego para engancharse á loita pola permanencia e meter nela ao Huesca (59-64)

Marín
15 de febreiro 2020

O cadro marinense encaixou unha nova derrota fronte a un rival directo pola permanencia en LEB Oro despois dun mal inicio de partido, pero no que tivo opcións de remontar grazas á reacción do equipo no último cuarto

Romone Saunders, no partido entre Peixe Galego e Huesca
Romone Saunders, no partido entre Peixe Galego e Huesca / Diego Torrado

Era unha partido clave para manter viva a chama da permanencia na Raña, pero o Peixe Galego, que levaba varias semanas ofrecendo unha boa imaxe, non tivo o seu mellor día nun enfrontamento contra un equipo que chegaba a Marín sumido nun larguísimo refacho de derrotas e que necesitaba gañar para escapar da zona perigosa da táboa. O Huesca, consciente da súa necesidade, expuxo un partido moi serio en defensa que foi suficiente para regresar a Aragón co triunfo na maleta.

Os de Javi Llorente entraron mal no partido e os visitantes fixéronse cunha zumarenta renda ao final do primeiro cuarto que souberon administrar nos seguintes. Especialemente malo foi o segundo acto para os intereses do Peixe Galego, cuxos mellores xogadores non estiveron acertados de fronte ao aro e fóronse ao descanso co partido practicamente perdido (15-26).

O xogo do conxunto local mellorou lixeiramente tras o paso por vestiarios, pero desafortunados no rebote e sen acerto nos tiros de campo, obrar a remontada era pouco menos que un milagre.

Pero se de algo saben no feudo marinense é de facer posible o imposible e no cuarto definitivo, o Peixe volveu ofrecer o seu mellor cara. A empresa era complicada, pero o xogo coral dos de Llorente que tanto se estrañou nos minutos anteriores por fin apareceu. Recortou distancias o Peixe e mesmo desperdiciou algunha oportunidade para meter o medo no corpo ao rival que finalmente, non sen sufrimento, fíxose coa vitoria.

Consulta nesta ligazón todas as estatísticas do encontro