O Peixegalego cae ante o Ávila (69-76) e suma a súa terceira derrota consecutiva

Marín
27 de outubro 2018

O conxunto marinense atravesa a súa peor racha ata a data ao non ser quen de frear ao Ávila, cuarto clasificado, na Raña

O Peixe non logra facerlle frente ao Ávila
O Peixe non logra facerlle frente ao Ávila / Diego Torrado

O Peixegalego está a atravesar a súa peor racha ata a data, xa que esta fin de semana encaixou a súa terceira derrota consecutiva no que vai de tempada. Nesta ocasión, contra o Ávila, cuarto clasificado de LEB Prata, na Raña.

A pesar de que a igualdade foi a tónica de practicamente todo o partido, o conxunto marinense cometeu erros que o condenaron á desvantaxe no marcador e na pista ante os avileses.

Con todo, o primeiro parcial foi para os locais, que superaron aos visitantes e lograron alcanzar o aro con maior facilidade. Durante os primeiros dez minutos os de Llorente controlaron o xogo. Pero foi no segundo cuarto cando comezaron os problemas.

Os visitantes, agora máis centrados, conseguiron o que os afeccionados do Peixe non esperarían nun principio; darlle a volta ao resultado. Así, os equipos fóronse ao descanso cun 35-39, marcando así a vantaxe dos de Ávila, á que os pontevedreses xa non lograrían facerlle fronte na segunda metade.

O paso polos vestiarios non trouxo máis que igualdade ao choque. A pesar do equilibrado do partido, o Peixe non chegou a alcanzar ao seu rival, sendo así, derrotado por unha diferenza de 7 puntos (69-76).

Deas esta forma, o cadro marinense posiciónase na zona media da táboa con sete puntos e á espera de que a súa sorte cambie de cara ás próximas xornadas.

Consulta a acta do Peixegalego-Ávila.