O Peixegalego cae ante o Baskonia despois dunha tempada invicto (79-70)

Marín
14 de outubro 2018

Aínda que a tónica do encontro en Vitoria fora a igualdade desde o inicio, o conxunto pontevedrés non logrou impoñerse ao líder invicto de LEB Plata

Banco do Peixegalego no primeiro partido de liga
Banco do Peixegalego no primeiro partido de liga /

O Peixegalego viaxou esta fin de semana ata Vitoria para medirse ao Baskonia nun encontro de titáns. A pesar de que a igualdade foi a tónica de todo o partido, co bocinazo final, o conxunto marinense enfrontouse á realidade.

Despois de ser líder invicto durante toda a pasada tempada e das dúas vitorias na recentemente estreada categoría tras o ascenso a LEB Prata (o que supoñen 32 vitorias consecutivas), os homes de Javi Llorente caeron no pavillón Mendizorroza.

Desde o inicio do encontro, Peixe e Baskonia mantivéronse equilibrados en canto á firmeza da defensa e a decisión nas accións ofensivas. Con todo, foille máis fácil aos vascos chegar ao aro. Así é que o primeiro cuarto finalizou cunha vantaxe de catro puntos a favor dos locais (22-18).

O segundo parcial foi máis do mesmo. Aínda que parecía que os pontevedreses ían conseguir superar esta vez aos anfitrións no marcador, fóronse aos vestiarios cun 41-35 e coa intención de volver á pista para darlle a volta ao resultado.

E así foi. Un axustado 18-19 no terceiro cuarto (59-54) é a mostra de que os de Llorente afianzaron o seu bloque defensivo e loitaron por chegar á canastra rival. Ademais, o paso dos minutos comezaba a facer mella sobre os vascos, que empezaron o ultimo tempo con cinco puntos de vantaxe.

O cansazo e a dificultade dos marienenses para chegar a anotar, marcaron un resultado que ninguén esperaba e que o Peixe non foi quen de levantar, rompendo, desta forma, a súa incrible boa racha de vitorias (79-70).

Consulta a acta do Baskonia-Peixegalego.