O Peixegalego suma en Sevilla o seu sexto triunfo consecutivo (55-68)

Marín
12 de decembro 2015

O cadro marinense impúxose ao Aceitunas Fragata Morón despois dun grande primeiro cuarto e mantense como o equipo máis en forma da competición

Partido entre Peixe Galego e Basquet Tarragona na Raña Diego Torrado

Non hai quen pare ao Marín Peixegalego, que suma xa seis triunfos consecutivos na liga LEB Prata despois de superar a domicilio ao Aceitunas Fragatas Morón (55-68).

En Sevilla, o cadro marinense cimentou a vitoria nun sobresaliente primeiro cuarto, no que se escapou de 14 puntos (12-26).

Os de Javi Llorente afrouxaron en ataque nos dous seguintes parciais, pero sempre se mantiveron por diante no electrónico.

A defensa sostivo ao equipo 'peixe' ata o último cuarto, no que sentenciaron ao seu rival para manterse na zona de privilexio da clasificación.

Antonio Pantín, con 18 puntos, 9 rebotes e 22 de valoración, foi o xogador máis destacado dos de Marín.

Consulta aquí as estatísticas do partido.