O piragüismo pontevedrés, protagonista no Nacional de maratón

Pontevedra
14 de agosto 2018

A pasado fin de semana celebrouse en augas do río Tajo ao seu paso polo municipio madrileño de Aranxuez o Campionato de España de Piragüismo Maratón

Tono Campos e José Sánchez
Tono Campos e José Sánchez / Federación Galega de Piragüismo

A pasada fin de semana celebrouse en augas do río Tajo ao seu paso polo municipio madrileño de Aranxuez o Campionato de España de Piragüismo Maratón, competición que servía para completar o equipo nacional que participará proximamente no Mundial da especialidade e que tivo un importante protagonismo pontevedrés.

Tono Campos e Jose Sánchez (Breogán do Grove) impuxéronse na proba de  C-2, mentres que a súa compañeira de equipo Tania Álvarez facía o propio no K-2 xunto a Tania Fernández certificando á súa vez un posto para o Campionato do Mundo.

Tamén se proclamaba campioa de España Jennifer Casal (EP Ciudad de Pontevedra) na canoa individual.

En canto á categoría sub-23, Damián González (Verducido) lograba outro ouro para Pontevedra no C-1, do mesmo xeito que María de la Peña (EP Ciudad de Pontevedra) na categoría xuvenil.

En idade xuvenil completaron o palmarés para a comarca Jaime Duro e Álvaro López (EP Ciudad) vencendo no C-2.