O pivote José Andrés Torres, novo reforzo para un Teucro no que non seguirá Lloria

Pontevedra
11 de xuño 2019
Actualizado: 18:17

O xogador andaluz, que en setembro cumprirá 20 anos, é a cuarta fichaxe dos pontevedreses. Procede do Dominicos de Zaragoza da Primeira Nacional

Andrés Torres, nun partido co Dominicos Zaragoza
Andrés Torres, nun partido co Dominicos Zaragoza / Balonmano Dominicos

A Sociedade Deportiva Teucro segue apostando por incorporar talento novo para o plantel coa que competirá na División de Honra Prata.

A cuarta fichaxe confirmada pola entidade pontevedresa foi este martes o do pivote José Andrés Torres, xogador andaluz que en setembro cumprirá os 20 anos de idade e que a última tempada militou no Domincos Zaragoza da Primeira Nacional.

"Destaca especialmente por su movilidad en ataque, es un pivote muy listo, buen finalizador que se mueve bien entre líneas y además defensivamente puede defender en la posición de segundo", explicou Luís Montes sobre o novo reforzo.

"Debido a su juventud y proyección nos puede dar mucho este año", asegura o técnico, que xa o seguía desde a súa etapa na Selección Andaluza e no  Montequinto, con quen xogou polo ascenso a Prata nunha fase na que saíu vencedor o Atlético Novás.

Andrés Torres entra a formar parte dun equipo no que xa están confirmados como fichaxes Ferrán Cisneros, Christopher Corneil e Federico Wermbter, ademais de Vicente Poveda, Andrés Moyano, Domingo Luis e Samu Pereiro.

O que non seguirá a próxima campaña no Teucro é Jorge García Lloria. Segundo comunicou o club non se chegou a acordo na oferta de renovación exposta ao gardameta polo que tras tres anos xuntos separan os seus camiños.