O Poio Bike Club, preparado para unha nova tempada

Poio
10 de febreiro 2020

O local da Comunidade de Montes de San Xoán foi o lugar escollido polo Poio Bike Club para presentar ao seu equipo e escola de base para a tempada 2020

Presentación do Poio Bike Club 2020 Diego Torrado

Todo está listo xa no Poio Bike Club para afrontar a tempada 2020.

O local da Comunidade de Montes de San Xoán foi o escenario elixido polo club para presentar oficialmente ao seu equipo e escola deportiva, que este ano conta 67 nenos e nenas.

Xunto a eles, acudiron ao evento todo un corredor profesional como o arousán Gustavo César Veloso, actualmente nas filas do FC Porto portugués, e outro que aspira a selo como é o pontevedrés Guillermo García Janeiro, ciclista do Grupo Deportivo Supermercados Froiz. Ambos os dous exerceron de padriños do Poio Bike Club para a tempada que acaba de comezar.

Durante o ano o club envorcarase tamén na organización de eventos deportivos, como o Mini BTT de Poio, o Open Gallego de Mini BTT ou o Ciclocrós Poio Móvese.