O Poio FS cede na segunda metade na cancha do líder Atlético Féminas (3-0)

Poio
02 de maio 2015

As rojillas plantaron cara ao que se postula como campión de liga grazas a un notable traballo defensivo no primeiro acto

Partido entre Poio FS e Atlético Féminas Navalcarnero na Seca
Partido entre Poio FS e Atlético Féminas Navalcarnero na Seca / Diego Torrado

Púxolle as cousas difíciles o Poio Fútbol Sala na súa pista ao líder de Primeira División, o Atlético Féminas Navalcarnero.

O bo traballo defensivo das vermellas, principalmente no primeiro acto, fixo que as madrileñas non se sentisen cómodas sobre a cancha e o encontro comezase con poucas ocasións de gol, opcións que desbarataba Silvia na portaría.

Tras o descanso o Atlético logrou ver porta moi pronto, aos 22 minutos, por medio de Ari, desatascando o choque.

O Poio viuse obrigado entón a adiantar liñas, o que aproveitarían as locais para facer o segundo, obra de Marta Pelegrín aos 29 minutos.

Malia o tanto as de Morenín mantivéronse con opcións e buscaron recortar distancias xogando de cinco, pero o que chegaría sería a sentenza nos últimos minutos por medio de Ro.

ATLÉTICO FÉMINAS NAVACARNERO (3): Merce; Ju Delgado, Leti, Ari y Marta Pelegrín -cinco inicial- Ro, Peque, Natalia, Belén, Roci, Desirée.

POIO FÚTBOL SALA (0): Silvia; Charo, Claudia, Zulú, Souza -cinco inicial- Yoli, Elena, Jenny, Irene, Tania.

Árbitros: Martín Sanz e Sánchez Herrero. Amoestaron a Ari no Atlético e a Charo e Souza no Poio.

Goles: 1-0 Ari (min.22), 2-0 Marta Pelegrín (min.29), 3-0 Ro (min.37).

Incidencias: Partido disputado no Pabellón La Estación de Navalcarnero.