O Poio FS desprázase ao País Vasco pensando na oitava praza

Poio
17 de abril 2015

O conxunto vermello encara as seis últimas xornadas de liga coa permanencia encarrilada e o obxectivo de pelexar polo oitavo posto. O Ordizia guipuscoano, rival este sábado ás 18:45 horas

Partido entre Poio FS e Atlético Féminas Navalcarnero na Seca
Partido entre Poio FS e Atlético Féminas Navalcarnero na Seca / Diego Torrado

Coa permanencia encarrilada e a falta de confirmala matematicamente, o Poio Fútbol Sala encara os seis últimos partidos de liga na Primeira División Feminina cun obxectivo, alcanzar a oitava praza.

As rojillas, décimas con 27 puntos, están a catro do Móstoles, equipo ao que esperan achegarse vencendo este sábado (18:45 horas) a domicilio ao Ordizia guipuscoano.

A futbolistas adestradas por Gonzalo Iglesias 'Morenín' terán en fronte a un equipo inmerso na loita pola permanencia, ao encontrase actualmente a tres puntos da zona de salvación.

O pavillón Majori Kiroldegia acollerá a cita cun Poio FS que se despraza con Silvia, Irene, Charo, Elena, Jenny, Tania, Claudia, Yoly, Paloma e Raquel Souza.

Nere Moldes, por motivos de estudos, causa baixa nas galegas.