Silvia dálle os tres puntos ao Poio FS no último minuto ante o Ordizia (1-2)

Poio
18 de abril 2015

Un gol da gardameta vermella achega ao seu equipo a un só punto de certificar matematicamente a permanencia na máxima categoría

Silvia Aguete (dereita) no partido entre Poio FS e Alcorcón
Silvia Aguete (dereita) no partido entre Poio FS e Alcorcón

Importante e traballado triunfo do Poio Fútbol Sala en terras guipuscoanas ante o Ordizia para achegarse a un só punto da permanencia matemática na máxima categoría.

As xogadoras adestradas por Gonzalo Iglesias 'Morenín' dominaron de inicio o choque, pero a mellor ocasión do primeiro acto sería para as locais, nun dobre penalti que non lograron transformar.

Xa na segunda metade Jenny adiantou o Poio aos 25 minutos aproveitando unha xogada de estratexia.

O gol parecía encarrilar o partido pero co paso dos minutos o Ordizia foi mellorando en busca da remontada e optou por xogar de cinco.

Así chegaría a igualada aos 38 minutos, pero Silvia, dende o seu propio campo e a porta baleira conseguía un minuto despois o tanto do triunfo para o Poio.

ORDIZIA KE (1): Ane Garmendia, Ane Izaguirre, Miriam Arana, Anna Riera, Maite -cinco inicial- Sarah Ugarte, Arruebarrena, Itxaso, Irati, Ainara, Olatz, Itziar.

POIO FÿTBOL SALA (2): Silvia, Charo, Paloma, Claudia, Yoli -cinco inicial- Tania, Souza, Elena, Jenny.

Árbitros: Yassir e Asier del Río. Amoestaron a Itxaso, Anna Riera e Aianara no Ordizia e a Jenny e Elena no Poio.

Goles: 0-1 Jenny (min.25), 1-1 Ainara (min.38), 1-2 Silvia (min.39).

Incidencias: Partido disputado no pavillón Majori Kirodelgia de Ordizia.