O Poio FS volve editar a súa revista oficial sete anos despois

Poio
02 de xaneiro 2015

O club vermello pretende achegarse aos seus afeccionados cunha revista que "busca que la gente que le tiene cariño al club cuente su historia", explica o presidente Juanjo García

Presentación da revista oficial do Poio Fútbol Sala
Presentación da revista oficial do Poio Fútbol Sala / PontevedraViva

Sete anos despois o Poio Fútbol Sala decidiu volver editar a súa revista oficial para intentar achegarse un pouco máis aos seus afeccionados.

Trátase segundo o seu presidente, Juanjo García, de "que la gente que le tiene cariño al club cuente su historia".

A revista conta datos da historia do club, examina o plantel do primeiro equipo e detense en profundidade nos campionatos de España infantil e cadete logrados polas súas categorías inferiores en 2014.

Poderá conseguirse de balde nos dous próximos partidos do conxunto de Primeira División no Pavillón da Seca e nos comercios de Poio que colaboran coa entidade ata o fin de existencias, despois de editarse 800 exemplares.

A intención do club é darlle continuidade á revista nas próximas tempadas.