O Poio Pescamar apura as súas opcións de pelexar pola terceira praza

Poio
24 de maio 2019

O conxunto vermello, quinto a 2 puntos da terceira posición, recibe este sábado na Seca (18:00 horas) a un rival directo, o Ourense Envialia, co obxectivo de desquitarse da derrota en Alcorcón e afinar a súa preparación para a Copa

Partido entre o Poio Pescamar e o Palau na Seca
Partido entre o Poio Pescamar e o Palau na Seca / Diego Torrado

Desquitarse da derrota en Alcorcón e seguir pelexando pola terceira posición na máxima categoría nacional, é o obxectivo este sábado (18:00 horas) dun Poio  Pescamar que recibe no Pavillón Municipal da Seca a un rival directo, o Ourense Envialia.

As vermellas caeron ao quinto posto a falta de dúas xornadas para o final da liga na Primeira División, a dous puntos do terceiro debido a que ocupa o  Alcorcón e a un punto do seu próximo rival, e aínda que co billete para a Copa no peto, queren recuperar sensacións para lograr un mellor cruzamento e afrontar o torneo do K.O. con ilusión.

"Tenemos ganas de hacer una clasificación histórica para el club", recoñece o seu adestrador, Dani Díaz, e para iso "vamos a tener que recuperar nuestra mejor versión a nivel defensivo", asegura.

Visita A Seca un Ourense Envialia que "es un equipo muy sólido", avisa o técnico.

Pola súa banda unha das veteranas do equipo, Jenny Lores, fai tamén autocrítica para sinalar que "toca aprender de los mejores y mejorar de cara al fin de semana la seriedad defensiva". Se se consegue, ambos confían en que o Poio poida protagonizar un final de curso esperanzador.

Tras este duelo, na última xornada o Poio Pescamar visitará a pista do UCAM Murcia.