O Poio Pescamar remata a liga con vitoria en Murcia (2-6)

Poio
01 de xuño 2019

As pontevedresas puxeron fin á liga con vitoria por goleada ante un Murcia desacertado e falto de intensidade durante os 40 minutos de partido 

Partido entre o Poio Pescamar e o UCAM Murcia na Seca
Partido entre o Poio Pescamar e o UCAM Murcia na Seca / Diego Torrado

O Poio Pescamar puxo fin á liga con vitoria por goleaga ante un Murcia desacertado durante os 40 minutos. As pontevedresas conseguen, así, terminar na sexta posición.

Aos dez segundos de partido Cárol adiantaba ás rojillas no marcador. Con todo, as locais responderon e pouco despois igualaban o choque cun gol de Lola no 7'. A partir dese momento, ambos os equipos comezaron un intercambio continuo de ocasións perigosas pero, sen efectividade ante a portería. Xusto antes do descanso, o partido decantouse cara ao bando visitante. Aproveitando varios erros das murcianas en  edefensa, as de Dani Díaz estableceron o 1-3, cun tanto de  Cárol e outro de Jenny.

Coa continuación, as anfitrioas reaccionaron e cun gol de Noelia recortaban distancias (2-3). Pero non duraría moito. No ecuador da segunda parte, Ale de Paz marcou o 2-4, que lles permitía ás súas manter o control do partido. No último cuarto, cun Murcia cada vez máis relaxado, Ale de Paz e Jenny establecían o definitivo 2-6, que deixaba ao conxunto rojillo ás portas dos postos máis altos da clasificación.

MURCIA (2): Irene; Toñi, pepa, Noelia, Rocío (quinteto inicial), Patricia, María, Lola, Mari, Gálvez, Susana e Cristina.

 

POIO PESCAMAR (6): Irene Floriani; Jessy, Jenny, Dani Souza, Cárol (quinteto inicial), Ale dee Paz, Ceci, Irene García, Antía e Xelenia.

 

Goles: 0-1 Cárol (1'), 1-1 Lola (7'), 1-2 Cárol (20'), 1-3 Jenny (20'), 2-3 Noelia (23'), 2-4 Ale de Paz (25'), 2-5 Ale de Paz (32') e 2-6 Jenny (38').

 

Árbitros: Navarro Guardiola e Miguel ángel Vera, do colexio murciano, que mostraron cartulina amarela a Noelia e a Mari, do Murcia, e a Dani Souza, do Poio Pescamar.

 

Incidencias: Partido disputado en el pabellón José María Cagigal, ante más de 150 espectadores.