O Poio Pescamar cadete repite proeza e suma o seu cuarto título nacional consecutivo

Poio
26 de xuño 2016

O cadro vermello mostrouse intratable no Campionato de España disputado na localidade madrileña de Móstoles e gañou os seus catro encontros do torneo. Na final impúxose ao Orvina navarro por un contundente 12-1

Equipo cadete feminino do Poio tras proclamarse campeón de España en Móstoles
Equipo cadete feminino do Poio tras proclamarse campeón de España en Móstoles

Intratable mostrouse o equipo cadete feminino do Poio Pescamar no Campionato de España da categoría celebrado en Móstoles.

As vermellas conseguiron na localidade madrileña o que é o seu cuarto título nacional consecutivo en idade cadete, toda unha xesta que reforza o excelente traballo da canteira pontevedresa.

En Móstoles o Poio protagonizou un pleno de vitorias nos seus catro partidos.

Na primeira fase venceron a Mataró (5-1), Alcantarilla (1-0) e Elche (5-1), clasificándose así para a gran final.

Xa no partido definitivo non tiveron rival e impuxéronse por un contundente 12-1 ao Orvina navarro para revalidar o título de campioas de España.