O Poio Pescamar encaixa unha dolorosa derrota ante o Alcorcón (5-2)

Poio
18 de maio 2019

As pontevedresas permiten, despois dunha segunda parte na que nada puideron facer, que as madrileñas as adianten na táboa clasificaroria

Partido entre el Poio Pescamar e o Atlético de Madrid Navalcarnero
Partido entre el Poio Pescamar e o Atlético de Madrid Navalcarnero / Diego Torrado

O Poio Pescamar, despois da derrota da pasada semana ante o líder da categoría: o Atlético Navalcarnero, volveu perder, nesta ocasión, en Madrid contra o  Alcorcón (rival directo pola parte alta da táboa a falta de dous partidos para o final da tempada). Ademais, fixérono de maneira contundente e sen nada que facer durante a segunda parte.

As locais inauguraban o marcador cun gol de Vane Sotelo, aproveitando o ritmo alto de xogo durante os primeiros minutos do choque. Pero o Poio respondeu. Catro minutos despois, Dani Sousa sacou tallada dun perda de balón por parte das madrileñas, igualando o envite (1-1). Con todo, segundos máis tarde, a ourensá, Sotelo, devolvía a superioridade ás súas cun disparo desde fóra da área á saída dun córner (2-1). Esta foi expulsada da pista pouco despois. As visitantes fixeron bo uso da súa superioridade e, por medio, de novo, de Sousa, volvían establecer as táboas (2-2). Pero pouco duraríalles, xa que xusto antes do descanso un gol de Ballesteros permitía aos seus rivais irse ao mesmo cun tanto de vantaxe (3-2).

Coa continuación, as madrileñas dominaron o xogo. A pesar de que as rojillas aumentaron a súa intensidade de xogo e tentaron presionar para crear ocasións de gol (que volvesen metelas no partido), as anfitrioas lograron ampliar a súa renda. Foi cun tanto de Cintia ao rexeite de Silvia Aguete. Non foro quen de responder e, pouco despois, Aída culminou cun remate franco a un metro da liña de gol, anotando o definitivo 5-2. A partir dese momento, Dani Díaz tratou de arriscar co xogo de cinco no último tramo, pero, con todo, sen o acerto necesario para conseguir recortar distancias, permitindo, desta forma, que as do Alcorcón adiántenas na táboa clasificatoria. 

ALCORCÓN (5): Belén; Isa García, Irene, Pipi, Vane Sotelo (quinteto inicial), Aída, Nerea, Ballesteros, Paula, Ana Rivera e Cintia.

POIO PESCAMAR (2)Irene Floriani; Jenny, Cárol, Dani Sousa, Ceci (quinteto inicial), Jéssica, Ale de Paz, Silvia (segunda porteira) e Inés.

Goles: 1-0 Vale Sotelo (4'), 1-1 Dani Sousa (8'), 2-1 Vane Sotelo (8'), 2-2 Dani Sousa (11'), 3-2 Ballesteros (16'), 4-2 Cintia (22') e 5-2 Aída (27').

Árbitros: Recibiron cartulina amarela Ana Rivera e Isa García, do Alcorcón, e  Dani Sousa, do Poio Pescamar. Ademais, vermella de Vane Sotelo (11’), tamén do Alcorcón. 

Incidencias: Pavillón Municipal Los Cantos, ante máis de 120 espectadores.