O Poio Pescamar xógase o posto de playoff en Alcorcón

Poio
17 de xaneiro 2020

O equipo dirixido por Raúl Álvarez visita este sábado ás 19.30 horas ao conxunto oleiro, rival directo das vermellas, coas que está empatado a puntos, por unha praza na final four

Partido entre Poio Pescamar y Alcorcón na Seca
Partido entre Poio Pescamar y Alcorcón na Seca / Diego Torrado

O Poio Pescamar afronta a segunda etapa do particular Tourmalet co que inicia a segunda volta da liga na que se enfronta a tres dos cinco mellores equipos da categoría. Despois de cortar o seu extraordinario refacho triunfal a pasada fin de semana na Seca diante do líder Burela, as de Raúl Jiménez esperan retornar á senda da vitoria este sábado ás 19.30 horas fronte ao Alcorcón.

"As sensacións son boas porque puidemos competir, estivemos dúas veces por diante pero tivemos dous erros, o Burela fíxonolos pagar fai pagar e levaron os tres puntos", sinala Clara Rodríguez sobre o último encontro das vermellas. Con todo, os ánimos no vestiario seguen polas nubes e as xogadoras están convencidas de regresar de Madrid cun triunfo. "Imos tentar recuperar o refacho de vitorias. Será un partido moi complicado, son rivais moi directas e xogámonos o cuarto posto totalmente, Na súa casa serán moi dificiles pero estamos a traballar seriamente esta semana para levarnos os tres puntos", asegura a xogadora que chegou este verán a Poio.

Sobre o difícil calendario que ten o conxunto conserveiro por diante, Clara móstrase optimista. "Estamos a competir moi ben para chegar cos máximos puntos posibles ao playoff", asegura.

Un dos rivais directos por un posto na final four que decidirá o campión de liga será o Alcorcón, rival do Poio Pescamar esta fin de semana que marcha en quinta posición pero cos mesmos puntos que as galegas.

Raúl Jiménez non poderá contar esta fin de semana con dúas xogadoras importantes: Antía e Andrea Feijoo, quen xa non puido xogar o último partido. A pesar das ausencias, as vermellas confían en repetir a receita do partido da primeira volta na que derrotaron ás oleiras por un contundente 8-2.