O Poio Pescamar perde a cuarta praza tras a derrota en Alcorcón (4-0)

Poio
18 de xaneiro 2020

Segunda derrota consecutiva para o Poio  Pescamar no que vai de ano. Despois de caer a pasada fin de semana fronte ao Burela, as de Raúl Jiménez desprazáronse a Madrid para enfrontarse ao  Alcorcón e afianzarse no posto de  playoff. Con todo, as de amarelo conseguiron resarcirse do 8-2 que lles endosaron na primeira volta e con iso facerse co cuarto posto da clasificación

Partido entre Poio Pescamar y Alcorcón na Seca
Partido entre Poio Pescamar y Alcorcón na Seca / Diego Torrado

Segunda derrota consecutiva para o Poio Pescamar no que vai de ano. Despois de caer a pasada fin de semana fronte ao Burela, as de Raúl Jiménez desprazáronse a Madrid para enfrontarse ao Alcorcón e afianzarse no posto de playoff. Con todo, as de amarelo conseguiron resarcirse do 8-2 que lles endosaron na primeira volta e con iso facerse co cuarto posto da clasificación.

O partido comezou igualado para ambos os conxuntos pero foron as locais as que tiveron maior acerto na finalización a falta de dous minutos para o final da primeira metade. A ourensá Vane Sotelo abría a lata co primeiro dos seus tres goles e adiantaba ás locais grazas a un disparo cruzado onde nada puido facer Silvia. A partir de aí, o Poio tentou reaccionar pero sen acerto nos metros finais e chegouse ao descanso co 1-0 no luminoso.

Empezaba a segunda metade e de novo Vane Sotelo era protagonista. Esta vez aos catro minutos de partido grazas a unha gran xogada persoal que permitía ao Alcorcón ampliar a súa renda. Co 2-0, ao Poio non quedou máis remedio que arriscar e recorrer ao xogo de cinco para tentar dar a volta ao resultado, pero as de amarelo souberon aproveitarse da portería baleira e marcaron dous goles en tan só dous minutos, o primeiro de Irene Samper, e o segundo de Vane Sotelo.

O Poio puido maquillar o resultado pero os lanzamentos desde os dez metros non viron a rede e chegouse á conclusión cun resultado de 4-0.

AD ALCORCÓN (4): Estela; Aída, Carmen Alonso, Irene Samper e Vane Sotelo (quinteto inicial). Tamén xogaron, Paula, Ballesteros, Pipi, Mireia, Cintia e Estela Canteiro.

POIO PESCAMAR (0): Silvia; Carol, Clara, Iria Saeta e Anna Escribano (quinteto inicial). Tamén xogaron, Ana Rivera, Mirian, Dani Sousa e Irene García.

Goles: 1-0, min. 18 Vane Sotelo. 2-0, min. 24 Vane Sotelo. 3-0, min. 35 Irene Samper. 4-0, min. 37 Vane Sotelo

Incidencias: Pavillón Os Cantos. Ao redor de 200 espectadores. Os colexiados amoestaron a Ana Rivera no Poio e Vane Sotelo e Irene Samper no Alcorcón.